“O concepto de guerra híbrida, construído pola UE e OTAN, ten como efecto práctico eliminar a fronteira entre e a guerra e a paz convertendo en papel mollado a Carta das Nacións Unidas e todo o Dereito Internacional que se funda, precisamente, nesa distinción”.

“Reparemos en que todo, de acordo con esta perspectiva securitaria, é visto a través como ameaza bélica: desde a información ou as narrativas disidentes até os movementos migratorios pasando pola solidariedade internacionalista con Palestina, a oposición á guerra ou, en fin, tal e como estamos a observar nas últimas semanas, as protestas pola carestía da vivenda, os recortes sociais e a precariedade”.

Semella que o discurso bélico é motivo dunha deriva autoritaria xeralizada.

Se cadra temos que evitar o uso da expresión “guerra híbrida”, que pode ter unha carga semántica interesada.