Segismundo García asegura que clausura a factoría da histórica en Cervo pola "dificultade para respectar e acometer a inxente normativa" tras un control que detectou unha trintena de deficiencias nas instalacións. A Xunta advirte ao empresario de que o expediente "aínda non é firme" e que as medidas que propón "non abocan ao peche da planta".